Translate

martes, 11 de febreiro de 2014

Traballo para os alumnos de 5º e 6º

Co motivo do concerto o que imos asistir o próximo xoves 13 as 10:30 (La bella durmiente), déixovos a continuación as preguntas que me tedes que entregar como data límite ese xoves a primeira hora.
O motivo de dito traballo é para que vos involucredes no que ides a ver, e así poidádelo aproveitar en maior medida.

O traballo debe ter os seguintes apartados:
  • PORTADA. Nel debedes indicar o voso nome e curso
  • COPIAR E RESPONDER OS SEGUINTES EXERCICIOS: 
  1. Que imos ver? e onde o imos ver?
  2. Quen actúa?
  3. Que significa a expresión "prevenidos"?
  4. Cal e o obxectivo principal do Centro Coreográfico Galego?
  5. Que é a Orquestra Sinfónica de Galicia? Quen é o seu director actualmente?  Que principais premios se lle concedeu a esta orquestra?
  6. Que é o ballet?
  7. Resume en mais ou menos10 liñas a evolución do ballet (ballet romántico, ballet clásico académico, ballets rusos e ballet moderno).
  8. Fai unha breve biografía do compositor: Piotr llich Tchaikovsky (mínimo 5 liñas)
  9. Resumide coas vosas palabras a historia da "Bella durmiente".
  10. Que imaxinas que vas a ver, e como o imaxinas? (redacción de cinco liñas mínimo)
Recordade que toda a información tédela no seguinte enlace:
Guía didáctica "Bella durmiente"

Ningún comentario:

Publicar un comentario