Perdoade todos os cambios que esta a sufrir este blog, pero o único interese e ir mellorando e que sexa mais fácil acceder o que precisa cada alumno. Grazas e disculpas
Co motivo da "Semana das Letras Galegas" estudaremos o Himno galego cantado en todos os cursos e os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto tocarano na frauta.
O Himno Galego foi escrito por Eduardo Pondal e musicalizado por Pascual Veiga.
Para facilitar dita actividade déixovos a continuación enlaces para poder practicar:
O seguinte vídeo e para poder tocar o himno coa frauta. A partitura non e exactamente igual que a que eu vos din na clase, pero se a decidides tocar por esta non hai problema. Tamén vai rápida, pero non vos preocupedes e tocádea ao ritmo que poidades.
Aquí ademais engade unha parte final que eu non vos din xa que engade notas que aínda non estudamos, polo cal non hai que estudala. Espero que vos sexa de axuda!!!
Como xa sabedes, e como comentamos estes días, esta terceira avaliación vamos indagar un pouco nos diferentes estilos de música .... E para mostra un botón...
Aquí vos deixo os grupos e solistas que vimos na clase de música e outros que non nos deu tempo.
Podería poñer moitísimos cantantes e grupos mais, polo que espero os vosos comentarios para organizar a próxima clase en base os grupos que vos queirades escoitar.
E recordade: GOZAR DA MÚSICA E ESTAR SEMPRE DISPOSTOS A ESCOITAR E COÑECER COUSAS NOVAS, XA QUE PODE SER QUE NOS GUSTEN!