Translate

3º CICLO

Contidos que entran no exame final de música

- Notas musicais. Recoñecer todas de graves a agudas.

- Figuras e silencios( nome e representación)

- Pulsos e acento.

- Equivalencias

- Liñas divisorias

- Compases

- Signos de repetición

- Distancia entre as notas. Tons e semitons

- Alteracións. Armadura.

- Tipos e clasificación das voces humanas.

-  Instrumentos musicais (clasificación)

- Compositores: Mozart, Beethoven e Tchaikovsky

- Ballet. Evolución do ballet.

- Estilos e xéneros musicais.

- Himno Galego. Escrito por Eduardo Pondal e musicalizado por Pascual Veiga.


 

Recordade!!! que o que non apareza nesta páxina, está na páxina de inicio, seleccionando na parte da dereita (en etiquetas) o terceiro ciclo.

Traballo da 3ª Avaliación

1. Portada
2. Grupo ou cantante que elixes e biografía e discografía completa do mesmo
3. Estilo musical. Definirás o estilo de música o que pertence dito grupo/cantante, e explicarás en que consta ese estilo musical e por que. É dicir, terás que explicar, para min o para os teus compañeiros, de que trata ese estilo como se nos non tivésemos ningunha idea anterior do que nos contas. 
4. Elixirás unha canción de dito grupo/cantante. A continuación explicarás o por que da elección, de que trata a letra, tradución se é doutro idioma...
5. Estilos musicais do teu entorno. Preguntarás os teus pais, irmáns, tíos... que grupos/cantantes escoitaban e e escoitan, que discografía hai na túa casa e na deles...
6. Bibliografía. Expoñerás onde buscache e atopache a información necesaria.

Recordade que o traballo e individual e en galego. Pódese presentar a ordenador pero redactado por vos, non copiado de internet directamente.
Para calquera dúbida durante as vacación de Semana Santa, podedes contactar comigo deixando un comentario neste blog, e eu contestareivos o antes posible.

 

Para os exames...

Como xa sabedes tedes que estudiar as dez preguntas que fixechedes para a entrega do traballo sobre a "Bella Durmiente"... e como todos os traballos non estan correctos, a continuación indícovos a preguntas e as posibles respostas correctas.

1. Que imos ver? e onde o imos ver?
Imos ver un ballet: " La bella durmiente"; e ímolo ver no Palacio da Ópera de A Coruña.

2. Quen actúa?
Actúa a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego.

3. Que significa a expresión "prevenidos"?
É a expresión que se uno no mundo do espectáculo para avisar aos intérpretes ou actores de que teñen que estar listos para saír a escena.

4. Cal e o obxectivo principal do Centro Coreográfico Galego?
O apoio a creación artística, a investigación e a formación dos profesionais da danza.

5.Que é a Orquestra Sinfónica de Galicia?
É unha das agrupacións orquestrales de maior proxección en España. Formouse no 1992 polo Concello de A Coruña, e ten a súa sede no Palacio da Opera de A Coruña.
Quen é o seu director actualmente? 
O seu director titular é Dima Slobodeniouk, e o seu director honorario é Víctor Pablo Pérez. 
Que principais premios se lle concedeu a esta orquestra?
A Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e premio Cultura Galega de música 2010, 

6. Que é o ballet?
É unha forma de arte en movemento que integra música, mímica, escenografía e vestiario dende unha técnica especial da danza.

7. Resume en mais ou menos10 liñas a evolución do ballet (ballet romántico, ballet clásico académico, ballets rusos e ballet moderno).
- O ballet romántico: Data da primeira metade do século XIX. Baséase en dous actos (un terreal e outro fantástico), e trata de amores non correspondidos. A protagonista era a bailarina, que empregaba traxes moi lixeiros. Neste período inventáronse as zapatillas de punta.
-O ballet clásico académico: É a unión da elegancia da escola francesa e o virtuosismo da escola italiana. Ten o seu apoxeo en Rusia. O bailarín ten maior presencia neste período e aparece como vestimenta o "tu-tú".
- O ballet ruso: Naceu a comezos do século XX. As historias volvéronse máis breves e tiñan xustificación dramática.
- O ballet moderno e neoclásico: Neste período teñen un vestiario diferente, xa que soen empregar mallas e túnicas en vez de tu-tús. Fan un maior uso da improvisación, aínda que sempre partindo da danza clásica.

8. Fai unha breve biografía do compositor: Piotr llich Tchaikovsky (mínimo 5 liñas)
Naceu en Rusia no ano 1840. Comezou os seus estudos de música aos 5 anos, e tres anos despois xa superaba as ensinanzas dos seus mestres.
Os 10 anos internárono e comeza a estudar dereito. Ao rematar os seus estudos exerce como funcionario no Ministerio de Xustiza. Despois de tres anos abandona este posto e convértese en profesor de armonía e máis tarde nun gran compositor.
As súas obras máis destacadas son "El lago de los cisnes", a "Bella durmiente" e o "Cascanueces".
Falece no ano 1893.

9. Resumide coas vosas palabras a historia da "Bella durmiente".
(libre resposta)

10. Que imaxinas que vas a ver, e como o imaxinas? (redacción de cinco liñas mínimo)
(libre resposta)


Catro vellos mariñeiros...

Aquí tedes a canción para practicar ata o desfile...

Catro vellos mariñeiros

Próximo concerto... 


Os alumnos de 5º e 6º o próximo dia 13 de febreiro iremos a un concerto no Palacio da Ópera: "LA BELLA DURMIENTE"



O Centro Coreográfico Galego e a Orquestra Sinfónica de Galicia únense de novo para acercarnos a maxia do ballet, cunha selección da obra de Tchaikovsky inspirada no conto de Perrault.





Co motivo do concerto, déixovos a continuación as preguntas que me tedes que entregar como data límite ese xoves a primeira hora.

O motivo de dito traballo é para que vos involucredes no que ides a ver, e así poidádelo aproveitar en maior medida.

O traballo debe ter os seguintes apartados:
  • PORTADA. Nel debedes indicar o voso nome e curso
  • COPIAR E RESPONDER OS SEGUINTES EXERCICIOS: 
  1. Que imos ver? e onde o imos ver?
  2. Quen actúa?
  3. Que significa a expresión "prevenidos"?
  4. Cal e o obxectivo principal do Centro Coreográfico Galego?
  5. Que é a Orquestra Sinfónica de Galicia? Quen é o seu director actualmente?  Que principais premios se lle concedeu a esta orquestra?
  6. Que é o ballet?
  7. Resume en mais ou menos10 liñas a evolución do ballet (ballet romántico, ballet clásico académico, ballets rusos e ballet moderno).
  8. Fai unha breve biografía do compositor: Piotr llich Tchaikovsky (mínimo 5 liñas)
  9. Resumide coas vosas palabras a historia da "Bella durmiente".
  10. Que imaxinas que vas a ver, e como o imaxinas? (redacción de cinco liñas mínimo)
Recordade que toda a información tédela no seguinte enlace:
Guía didáctica "Bella durmiente"

 

2 comentarios: