Translate

venres, 31 de xaneiro de 2014

Para o fin de semana

Por casualidade, esta semana, na Sexta 3 vin esta película COPYING BEETHOVEN, que é perfecta para vela neste momento no que estamos, xa que trata sobre a composición da novena sinfonía de Beethoven e a súa "Oda a la alegría".
Polo tanto, aproveitando que ven o fin de semana e non nos acompaña o bo tempo, pasades un rato agradable en familia con esta película e aprendendo moito sobre este gran compositor e a súa gran obra.
Bo fin de semana.

O enlace que vos deixo a continuación e para visualizala en Youtube, pero de todos modos na Sexta 3, seguro que a volven a repetir, aínda que este fin de semana non.
Espero que vos guste. E por suposto, espero aquí os vosos comentarios (bos ou malos heheh). Bo fin de semana de novo.

2 comentarios:

  1. Ola Carmen, son Anxo o teu alumno de 4B gustame moito o esforzo e traballo que fas por nos. Vou ver a pelicula , seguro que sera preciosa Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Anxo, agradézocho moito, e alégrome que vos sirva. Espero que che gustase a película. Estes días engadirei algunha máis. Un saúdo.

      Eliminar